Do abraio à fe
Foron moitos os que, secundo o evanxelista, ficaron abraiados diante dos feitos e das palabras de Xesus. Del deron en dicir que "ensinaba como quen ten autoridade e non coma os letrados". Disque o abraio e o alicerce da filosofia. Pampo ou perplexo, o home anda a procura das razons do que ve cos seus ollos: "¿Que e isto? ou, se cadra, ¿como vai ser isto". A verdade entra polos ollos e chega o corazon a xeito de pregunta. Non todo o que entra chega: isto e bo telo en conta. Para que o que entra polos ollos chegue o corazón ten que haber corazón. Se non o hai, o abraio vaise dos ollos coma escuma que o mar deixou na praia e foise.
Foron moitos os abraiados diante das palabras de Xesus. A cantos se atopaban na sinagoga de Cafarnaum, letrados e ointes fieis da Palabra de Deus, cando Xesus se puxo a ensinar nela, apampounos a sua autoridade na maneira de ensinar. Ningun deles, poren, obedeceu a sua palabra. A verdade entrou polos seus ouvidos pero non chegou o seu corazón. O seu abraio foi coma escuma na praia. E iso que eran ointes fieis da Palabra...Sabian oila e mais interpretala. Pero non obedeceron, non deron resposta as palabras de quen lles falaba con autoridade. Pampos o escoitaren as palabras non deron resposta a Palabra da que viñan as palabras.
A resposta da fe a Palabra de Xesus non veu dos fieis nin dos letrados, xuntos na sinagoga de Cafarnaum a hora do culto. Entre os ointes das palabras de Xesus o abraio foi coma escuma que deixa o mar na praia e vaise. "E cadrou que había naquela sinagoga un home posuido por un mal espirito...", lemos no Evanxeo. "E cadrou...": o que non tiña espazo na sinagoga, o que non tiña que xuntarse cos fieis, o maldito de Deus, cadrou que se atopaba ali tamen, no medio dos fieis e dos letrados. E cadrou que foi del so do que veu a resposta da fe. Puxose a berrar e no seu berro oiuse a voz de moitos dicindo: "¿Que temos que ver contigo?". Os moitos que berraban no home posuido polo mal espirito tiñan tan pouco que ver con Xesus como os fieis e os letrado co home que berraba dese xeito. Como o Espirito de Deus cos malos espiritos. Como a luz cas tebras.
O mal nunca chega so. Sempre chega con outros. Faise forte porque e complexo, enguedellado. Son moitos o mesmo tempo. E unha mestura de sentimentos o que remexe dentro de nos. Por iso o home posuido por un mal espirito berra ca voz de moitos. Berra, non fala. O berro e unha mestura. O berro remexe os sentimentos dos ointes. No medio da mestura, poren, imos escoitar a resposta da fe: "Ben sei quen es ti: elo Santo de Deus". Xa non se oe un berro: agora escoitase unha resposta. Fala un, non moitos. A Palabra de Xesus xa non fica nos ouvidos abraiados, como a escuma. A Palabra de Xesus chega o corazon do maldito, do non ointe, do non merecente. E o espirito obedece daquela o mandado de Xesus: "cala e botate fora dese home". Para que o que entra polos ouvidos chegue o corazon ten que haber corazon. A fe devolvenos a nos tamen o corazon, posuido adoito polo espirito do malo ainda que esteamos entre os ointes fieis e abraiados das palabras do Señor. Unha cousa e o abraio, outra a fe.