13 de novembro, no Colexio La Salle de Compostela A imaxe do Crucificado na pintura. Da antiga Roma aos nosos días
Xesús Cristo crucificado é un dos temas máis recorrentes na arte cristiá e universal. En dous mil anos de cristianismo creáronse moitas imaxes do Crucificado
Nas imaxes do Crucificado podemos descubrir non só os datos dos Evanxeos e a tradición, senón tamén o espírito da época, as ideas, sentimentos e maneiras de ver a vida e o mundo
A fecha do seminario do Victorino: sábado, 13 de Novembro todo o dia, de 9 da maña a 8 da tarde, no Colexio La Salle de Compostela de Novembro 2021. Santiago de Compostela.
Xesús Cristo crucificado é un dos temas máis recorrentes na arte cristiá e universal. En dous mil anos de cristianismo creáronse moitas imaxes do Crucificado.
Nelas podemos descubrir non só os datos dos Evanxeos e a tradición, senón tamén o espírito da época, as ideas, sentimentos e maneiras de ver a vida e o mundo... ao mesmo tempo que a fe, a teoloxía, a espiritualidade e a inspiración persoal de cada autor.
PROGRAMA
9-10,30h. 1ª sesión
A imaxe do Crucificado desde a Antigüidade até a Idade Media
1.- Dos debuxos satíricos romanos e as primeiras representacións paleocristiás até a fin da Antigüidade.
2.- A imaxe do Crucificado no Medioevo:
a) O Cristo triunfante do Románico.
b) O Cristo humano e doente do Gótico.
10,30-11,30h. 2ª sesión
O Crucificado na pintura do Pre-Renacemento e comezos do Renacemento (XIII-XV):
Italia, Países Baixos e Alemania
1.- O Crucificado en Giotto e Fra Angélico (a pintura mística).
2.- O Crucificado nos primeiros pintores do Renacemento:
a) Italia: Mantegna, Botticelli...
b) Norte de Europa: Van Eyck, Van der Weyden, Van der Goes, El Bosco, Lucas Cranach o Vello.
11,30 h. Descanso. Pausa café.
12-13 h. 3ª sesión
O Crucificado na pintura do Renacemento europeo (s. XVI).
1.- Miguel Angel e Rafael: o culto ao corpo humano.
2.- Durero e Grünewald. Dúas maneiras diferentes de ver o Crucificado.
3.- O Crucificado noutros pintores renacentistas italianos e europeos: Tiziano, Tintoretto...
Descanso para o xantar
15-16 h. 4ª sesión
O Crucificado na pintura barroca europea e no Século de Ouro español (s. XVI-XVII)
1.- O Crucificado na pintura barroca do norte de Europa: Rubens, Van Dyck,
Rembrant, Backer, Caravaggio.
2.- Na pintura do Século de Ouro español: El Greco, Velázquez, Zurbarán,
José Ribera, Alonso Cano, Ribalta, Murillo.
16 -17 h. 5ª sesión
O Crucificado na pintura dos séculos XVIII-XIX
1.- Os gravados do s. XVIII e de Gustave Doré (s.XIX)
2.- Goya e Delacroix.
3.- O impresionismo: Manet, Gaugin e Van Gogh.
4.- Outros pintores do s. XIX: Nikolai Ge, Adolphe Bogereau, Gustave Moreau, Odilon Redon, Von Stuck, Maurice Denis.
17,30 h. Descanso. Pausa café.
18-19h. 6ª sesión
O Crucificado na pintura do século XX
1.- Rouault. Expresionismo e mística.
2.- Chagall. A imaxinación e a cor na fe religiosa.
3.- Do expresionismo de Munch, Bacon e Saura, a Max Ernst e Picasso. O Crucificado noutros pintores europeos.
4.- O Crucificado na pintura española do s.XX: Zuloaga, Picasso, Dalí, Seoane...
5.- Os pintores latinoamericanos; entre a arte e a fe comprometida na liberación: Guayasamin,
Botero, Gloria Guevara, Pérez Esquivel, Cerezo Baredo...
19-20 h. 7ª sesión
O Crucificado na pintura de culturas non occidentais.
Lecturas alternativas do Crucificado
1.- O Crucificado na pintura de culturas non occidentais: India, China, Xapón...
2.- Crucificado negro: O black power e o apartheid, a pintura africana.
3.- O Crucificado nos debuxos actuais: Desde o peso da posguerra e o existencialismo, ao compromiso de liberación latinoamericano: Van de Leene, Garcia Benítez, Laxeiro, Cerezo Baredo, Victorino Pérez, Fano... 4. Lecturas alternativas do Crucificado: polo armamentismo, polo consumismo, cos marxinados...