Organizada pola Asociación Irimia A Limia, lugar da 46 Edición da Romaxe de crentes galegas e galegos
Cada edición conta cun lema, este ano na 46 edición o lema é “A TERRA QUER COIDADOS”
Será na Limia, entre ás 11h e ás 18h, no campo da Lama de Lodoselo
A Romaxe terá lugar moi preto do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo (CDR O Viso). O CDR O Viso, xunto con moita outra xente boa xenerosa, é un apoio fundamental para poder organizar esta edición
A Romaxe terá lugar moi preto do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo (CDR O Viso). O CDR O Viso, xunto con moita outra xente boa xenerosa, é un apoio fundamental para poder organizar esta edición
Este sábado, 14 de septembro, a Asociación Irimia organiza a XLVI Romaxe de crentes galegas e galegosc, que se celebra en Lodoselo (Sarreaus), tendo moi presente o vínculo entre o coidado da persoas e da terra.
Cada edición conta cun lema, este ano na 46 edición o lema é “A TERRA QUER COIDADOS”. Será na Limia, entre ás 11h e ás 18h, no campo da Lama de Lodoselo. A Romaxe terá lugar moi preto do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo (CDR O Viso). O CDR O Viso, xunto con moita outra xente boa e xenerosa, é un apoio fundamental para poder organizar esta edición. Neste espazo tamén se acollen e apoian distintas asociacións e colectivos que reivindican as súas causas.
O programa comezará ás 11.00 cunha acollida e petiscos. Ao mediodía, 12h, será a celebración acompañada pola música do grupo A Quella. Logo habera un xantar compartido, animando a sobremesa cunha foliada e distintas actuacións musicais, ata que ás 18.00 sexa a clausura do acto.A organización recorda que se o tempo non é favorable, os actos serán no pavillón polideportivo.
Dende a primeira Romaxe de crentes galegas e galegos, Irimia sempre reivindicou e denunciou as situacións sociais que se dan no país, así como apoiou e puxo en valor as pingas de choiva que en cada lugar coidan da Terra.
Este ano quere facer fincapé nun pensamento coidadoso: non decidir nunca polos demais. A comunidade ao servizo da comunidade. Apoiando iniciativas de axuda mutua entre a veciñanza. O coidarme, coidarte, coidarnos como xeito de ser e estar no noso medio.
A primeira Romaxe naceu a carón do Pedregal de Irimia, e foi percorrendo diferentes lugares de Galicia. Dende entón, a Asociación Irimia camiña participando en iniciativas a prol do noso país, así como editando unha revista dispoñible online (www.irimia.gal). A Romaxe de Crentes Galegos reúne cada ano a centos de persoas nunha singular romaría itinerante.
Únete a nós e convida a túa contorna!
Mais info: www.irimia.gal
Etiquetas