Este xoves día 10, ás 18h Inauguración en Santiago de unha estatua de Sole Pite en homenaxe a Exeria, a peregrina

Praza Exeria
Praza Exeria

A figura que imos inaugurar é obra de Sole Pite Sanjurjo, artista plástica compostelá, e foi fundida no obradoiro Arte Bronce, de Cuqui Piñeiro

A peza de Bronce está ubicada no cruce entre as rúas Avda de Lugo e Concheiros, na entrada do Camiño francés no casco histórico

Representa a silueta dunha muller que avanza ilunminada polas estrelas

Este xoves día 10, ás 18h vaise inaugurar en Santiago unha estatua en homenaxe a Exeria, a peregrina e escritora do século IV. Este feito é o cumprimento dunha petición que a Asoc. Mulleres Critiás Galegas Exeria fixo ao concello de Santiago hai máis dun ano, e para o que recollemos sinaturas de apoio.

A figura que imos inaugurar é obra de Sole Pite Sanjurjo, artista plástica compostelá, e foi fundida no obradoiro Arte Bronce, de Cuqui Piñeiro. 

Para nós vai ser un momento moi importante como asociación, pois Exeria vai formar parte da fisonomía urbá de Compostela. A peza de Bronce está ubicada no cruce entre as rúas Avda de Lugo e Concheiros, na entrada do Camiño francés no casco histórico.

Estatua Exeria
Estatua Exeria

Representa a silueta dunha muller que avanza ilunminada polas estrelas. No pé da escultura pódense ler os nomes cos que Exeria aparece recollida nos diferentes códices medievais. Tamén unha frase do seu itinerario: "Quero que saibades, venerables irmás", así como algúns dos apelativos cos que Exeria se dirixe ás súas irmás, ás que dedica o texto do seu Itinerario: Dominae, sorores, lumen meum, ... 

Te regalamos ‘Pasado, presente y futuro del Opus Dei’
Volver arriba